III TRAVESÍA DO LÉREZ-CIDADE DE PONTEVEDRA

por | Abr 23, 2025 | Aguas abiertas, Noticias

😎A III Travesía do Lérez-Cidade de Pontevedra celebrarase o vindeiro 26 de xullo

Pontevedra volverá a converterse nun referente da natación en augas abertas 🏊‍♂️coa celebración da III Travesía do Lérez-Cidade de Pontevedra, que terá lugar o 26 de xullo no fermoso contorno da praia fluvial de Monte Porreiro.

Nesta edición, un ano mais, a proba estará incluída no Circuíto Galego de Augas Abertas e, ademais, será a 12ª etapa da Copa de España de Augas Abertas, o que lle outorga unha gran relevancia tanto a nivel autonómico como estatal.

A competición contará con diferentes distancias adaptadas ás idades e categorías dos participantes:

  • 5000 metros para deportistas federados/as, nados/as no 2011 ou antes, nas categorías Infantil, Júnior, Élite e Máster.
  • 2500 metros, aberta tanto a federados/as como a non federados/as, para persoas nadas no 2007 ou antes.
  • 1250 metros, para nados/as no 2013 ou antes.
  • 200 metros, para nados/as entre 2014 e 2015.
  • 100 metros, destinada aos máis pequenos/as, nados/as entre 2016 e 2021.

Alén do aspecto deportivo, o evento converterase nunha auténtica festa para a cidade, cunha chuvia de premios🥇🥈🥉 e agasallos 🎁para os participantes e un ambiente inmellorable nun dos mellores espazos naturais de Pontevedra.

Unha cita obrigada para os amantes da natación e para todas aquelas persoas que queiran gozar do deporte ao aire libre en familia e en contacto coa natureza.

🏊‍♂️ Inscricións 👉 https://ccnorte.com/evento/detalle/dp/4/id/2950/iii-travesia-do-lerez-cidade-de-pontevedra

COMPÁRTELO EN TUS REDES SOCIALES:

PUBLICACIONES RELACIONADAS:

0 comentarios

INSTITUCIONES

COLABORADORES

Club Natación Galaico
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.