I Trofeo Internacional Galaico-Ence, proba superada!

por | Jun 13, 2025 | Natación, Noticias

O Club Natación Galaico celebrou a pasada fin de semana a primeira edición do Trofeo Internacional Galaico-Ence, que resultou ser un auténtico éxito, tanto a nivel deportivo como organizativo.

O evento reuniu a máis de 450 nadadores e nadadoras de 17 clubs procedentes das catro provincias galegas, Asturias e Portugal. Queremos destacar especialmente a participación dos clubs SC Caminhense (Caminha, Portugal) e CN Lugones (Asturias), que contribuíron a darlle un carácter internacional ao torneo.

A nivel competitivo, os nosos deportistas lograron uns resultados excelentes, entre eles catro marcas mínimas para os Campionatos de España:

  • Xabier Aguilar, en 200 m bolboreta (absoluto masculino)
  • Lois Chan, en 200 estilos e 400 libres (infantil masculino)
  • Gael Álvarez, en 50 costas (júnior)

Tamén se conseguiron moitos rexistros para os campionatos autonómicos.

Na clasificación por equipos, o CN Galaico impúxose con claridade, sumando 3.124 puntos, seguido do CN Ponteareas (2.137 puntos) e o CN Vigo Rías Baixas (1.532 puntos).
O noso club rematou a competición cun total de 93 medallas (28 ouros, 29 pratas e 32 bronces), ademais dun ouro e tres pratas en remudas.

O CN Galaico xa traballa coa ilusión de converter esta cita nun referente anual da natación en Galicia.

🔗 Consulta aquí o álbum fotográfico completo do evento:
📸 [https://photos.app.goo.gl/PYeZNk1rwtiRmG5y8]

Grazas a todos os clubs participantes pola vosa confianza e deportividade. Vémonos na próxima edición!

COMPÁRTELO EN TUS REDES SOCIALES:

PUBLICACIONES RELACIONADAS:

XORNAL VERÁN AUGAS ABERTAS

XORNAL VERÁN AUGAS ABERTAS

Aquí deixámosvos o primeiro Xornal do Verán 2024 do Club Natación Galaico como broche final desta tempada 2023-2024. Esperamos que vos guste.Forza...

leer más

0 comentarios

INSTITUCIONES

COLABORADORES

Club Natación Galaico
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.