I Trofeo Internacional Galaico-Ence, proba superada!

O Club Natación Galaico celebrou a pasada fin de semana a primeira edición do Trofeo Internacional Galaico-Ence, que resultou ser un auténtico éxito, tanto a nivel deportivo como organizativo.


O evento reuniu a máis de 450 nadadores e nadadoras de 17 clubs procedentes das catro provincias galegas, Asturias e Portugal. Queremos destacar especialmente a participación dos clubs SC Caminhense (Caminha, Portugal) e CN Lugones (Asturias), que contribuíron a darlle un carácter internacional ao torneo.


A nivel competitivo, os nosos deportistas lograron uns resultados excelentes, entre eles catro marcas mínimas para os Campionatos de España:


  • Xabier Aguilar, en 200 m bolboreta (absoluto masculino)
  • Lois Chan, en 200 estilos e 400 libres (infantil masculino)
  • Gael Álvarez, en 50 costas (júnior)

Tamén se conseguiron moitos rexistros para os campionatos autonómicos.


Na clasificación por equipos, o CN Galaico impúxose con claridade, sumando 3.124 puntos, seguido do CN Ponteareas (2.137 puntos) e o CN Vigo Rías Baixas (1.532 puntos).
O noso club rematou a competición cun total de 93 medallas (28 ouros, 29 pratas e 32 bronces), ademais dun ouro e tres pratas en remudas.


O CN Galaico xa traballa coa ilusión de converter esta cita nun referente anual da natación en Galicia.

Consulta aquí o álbum fotográfico completo do evento:
[https://photos.app.goo.gl/PYeZNk1rwtiRmG5y8]


Grazas a todos os clubs participantes pola vosa confianza e deportividade. Vémonos na próxima edición!