ESCOLAS DEPORTIVAS DE PROMOCIÓN MUNICIPAL

Un ano máis arrincan as Escolas Deportivas de Promoción Municipal en Pontevedra 2026-27

O Concello de Pontevedra, a través do seu Servizo de Deportes e en colaboración co Club Natación Galaico, pon en marcha unha nova edición das Escolas Deportivas de Promoción Municipal.
Esta iniciativa busca promover o deporte base, os hábitos de vida saudables e o gozo da actividade física entre a infancia do municipio.

Nesta edición, a actividade está dirixida a nenos e nenas nacidos nos anos 2017, 2018 e 2019.

Horarios e datas: Convocatoria: Do 1 de outubro de 2026 ao 27 de maio de 2027.

Días e horas: Martes e xoves, de 17:00 a 18:00 horas.
Inscricións: En liña: A través do seguinte enlace.

Móbil: Escaneando o código QR incluído no cartel/video oficial.

Contacto e información: Para resolver calquera dúbida, podes poñerte en contacto a través de:
                       Correo electrónico: galaico@cngalaico.com
                       Teléfono / WhatsApp: 608 253 351

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Anímate a participar e gozar do deporte un ano máis!