|
12 HORAS DE NATACIÓN VIGO |
|
|
|
Nas “12 horas de natación”, que tivo por escenario a piscina viguesa do Carme, nas Travesas, celebrouse un ano mais a conocida competición “Australiana”, que non é mais que un festival de velocidade, no que os nadadores/as nadan as probas de 25 metros das catro modalidades ata chegar á “final” de cada modalidade, aínda que a clasificación final, que trata de buscar ó nadador/a mais rápido no conxunto dos catro estilos, está en función das marcas acadadas polos seis nadadores/as das semifinais. CATEGORÍA BENXAMIN MASCULINA:Proclamouse vencedor un nadador clásico, que vén aparecendo nos primeiros postos da súa categoría dende hai xa varios anos, Pablo Teijeira, pero tuvo un gran rival no seu compañeiro Jorge Gallego, segundo clasificado, que demostrou un gran progreso respecto a pasadas tempadas. Completou o podium un emerxente nadador que apuntou condicións para trunfar neste difícil deporte, Daniel Piñeiro, mentras que a cuarta praza foi para Alejandro Torres, outro conocido nadador co mérito engadido de ser un ano mais novo que os tres primeiros clasificados. CATEGORIA BENXAMIN FEMENINA: Tamén nesta categoría se cumpriron os pronósticos, con Nuria Erselle como vencedora, pero con Inés Gómez pisándolle os talóns: estamos ante dúas nadadoras que aparecen nos primeiros postos dos rankings galegos, chamadas a manter a gran categoría que sempre tuvo o equipo femenino do Galaico-Sercoysa. Excelente terceiro posto de Laura Varela e moito mérito para Sofía Ferreiro, cuarta clasificada con un ano menos de idade que as tres primeiras mencionadas. CATEGORIA ALEVIN MASCULINA: O vencedor foi Oscar Guimeráns, que demostrou ser un gran nadador, non soio na modalidade de braza (campeón galego), senon tamén nas outras tres modalidades, con outro destacado nadador en segunda posición, Miguel Gallego, completando o podium un nadador mas novo como Tomás Bouzas, que vén pisando forte de cara ó futuro, ocupando a cuarta posición un nadador tamén en progresión como é Jacobo Ucha. CATEGORIA ALEVIN FEMENINA: Estamos ante unha categoría con moi poucas nadadoras: de feito, a vencedora foi unha nadadora do ano 98, Rosalía García, con unha victoria que debe ser para ela un estímulo de cara a conquerir marcas de participación no Campionato galego, se queremos xuntar, cando menos, un equipo de relevos con catro nadadoras. As tres seguintes clasificadas son do ano 99: Lara Gómez ocupou a segunda praza, tras a rectificación de un erro na puntuación, que a situaba inicialmente como cuarta clasificada, Elena Seoane foi terceira e Lucía González situouse na cuarta praza. CATEGORIA INFANTIL MASCULINA: O mais rápido foi, como estaba previsto, Matías Acevedo, ocupando o segundo posto un nadador incorporado este ano ó equipo, Miguel Angel Garrido, do que agardamos que siga progresando, sendo o terceiro un nadador “veterano” dentro da súa corta idade, David Couto, ocupando a cuarta praza o infantil de primeiro ano Yeray Lorenzo. CATEGORIA INFANTIL FEMENINA: A competición foi unha loita amigable polo primeiro posto antre as dúas nadadoras mais destacadas da categoría, Ana Andrés, finalmente gañadora, e Noemí García, segunda clasificada, mentras que a terceira e cuarta posición foron ocupadas por dúas nadadoras que mostraron unha boa progresión, propiciando unha das agradables sorpresas da xornada, Clara Otero e Carla Outón. CATEGORIA JUNIOR-ABSOLUTA MASCULINA: Foi a categoría na que se produxo a maior sorpresa, co trunfo de Julio Villaverde, froito, sen dúbida, da súa boa regularidade nas catro modalidades, pero tamén do sistema de puntuación, que relegou á segunda praza a todo un campión de España, Francisco Alvarez, a pesares de ser o trunfador individual de tres das modalidades nadadas.Ernest Pereia foi o terceiro, Anxo Fernández o cuarto e Iago Lorenzo o quinto clasificado. CATEGORIA JUNIOR ABSOLUTA FEMENINA: Tres nadadoras estiveron nas catro finais disputadas e coparon os tres primeiros postos: victoria indiscutible da nadadora mais en forma da actualidade, Beatriz Gomez, con Xenia Vilariño no segundo posto e Paula Cores no terceiro; unha nadadora junior de primeiro ano, Nuria García, que vai medrando moito neste deporte, ocupou o cuarto posto, mentras que unha recén incorporada, Laura Paola Montes foi a quinta clasificada.
TROFEO PINTURAS ALBORADA
Dentro da xornada “12 horas de natación”, celebrouse tamén a segunda xornada da Liga galega de promesas, categoría que engloba a nadadores/as nacidos/as no ano 2002 e posteriores e que nesta xornada nadaron a proba de 25 metros costas, loitando por sumar puntos no clasico i querido Trofeo “Pinturas Alborada”, que xa vai na súa décimoquinta edición. Por encima das actuacións individuais, hai que destacar a gran participación e, sobre todo, o gran nivel que amosaron os participantes no nado de costas, tanto no que se refire a marcas acadadas como, sobre todo, a boa técnica da maioría, que pon de manifesto un gran avance neste senso con relación ó nivel que podíamos ver en anos pasados. Comenzando polos nenos nacidos en 2002, o vencedor foi Manuel García, que xa se impuxera tamén na primeira xornada no estilo de crol e que, por tanto, marcha destacado na clasificación xeral con 30 puntos. Dous nadadores marchan moi igualados na segunda e terceira posición, con 22 e 21 puntos, respectivamente: David Gómez e Santiago Brea, mentras que tres nadadores seguen a éstes moi igualados nos postos 4-5-6, a saber, Manuel Rodríguez, Alexandre Aboal e Saúl Bouzas. En canto ás nenas nacidas en 2002, tamén atopamos unha destacada nadadora, que se impuxo nas dúas xornadas disputadas, Arsú López, que apunta moi boas condicións especialmente no nado de costas e que encabeza a clasificación con 30 puntos. Na segunda posición aparece unha representante do Natación Pontevedra, Henar Cons, con outras dúas nadadoras do Galaico-Sercoysa moi igualadas nos postos 3-4, Raquel Couso e María Arias. Gran actuación asimesmo da debutante Gabriela Torres, que se sitúa no posto quinto. Polo que respecta ós nadadores mais pequenos (nacidos no ano 2003 e posteriores), asistimos a unha bonita loita polo primeiro posto entre Sergio Rodríguez, vencedor na primeira xornada, e Adrián Torres, que gañou na segunda xornada, empatados, por tanto a puntos na clasificación xeral, con Jorge Fernández no terceiro posto i o debutante Iago Sánchez na cuarta praza. Rematamos cas nadadoras mais pequenas, nas que comanda a clasificación Irene Esteban, seguida de Andrea Bemposta e Alexandra Piñeiro. Pero hai que destacar o cuarto posto de Lara González, que non participou na primeira xornada, pero foi a vencedora da segunda xornada, con unha excelente marca na proba de 25 costas.
|
|
|
200 DEPORTISTAS NO CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN |
|
|
|
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este xoves que preto de 200 deportistas participarán no Campionato Galego de Natación Alevín que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xuño na piscina municipal do Carme. Segundo destacou o concelleiro, a celebración desta proba en Vigo reflicte unha vez máis a aposta da Concellería de Deportes polo deporte de base. Xabier Alonso agradeceu á presenza en Vigo do presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, así como o feito de que este campionato galego se celebre na cidade. O edil do BNG salientou o impulso que a natación está a tomar en Vigo "grazas ao esforzo que se está facendo na construción de novas piscinas municipais". Ao respecto, Touriño agradeceu ao concelleiro de Deportes o seu apoio tanto ao campionato como ao deporte de base "porque este é o camiño á alta competición". Segundo salientou o presidente da Federación Galega de Natación "Vigo está recuperando o seu pulso no ámbito das piscinas" e asegurou que tenderá a man para que a cidade poda celebrar "a medio prazo" campionatos "de máis alto nivel". "As cousas están mellorando moito dende hai dous anos", subliñou o presidente do Club Galaico-Sercoysa , Héctor Vilariño, quen destacou que se está producindo unha "colaboración moi estreita coa Concellería de Deportes". "Unha boa mostra desta colaboración é a organización deste campionato", indicou.Vilariño salientou que os 200 deportistas participantes proceden de 23 clubs repartidos por toda a xeografía galega. "Son o futuro da natación galega e algúns deles nos fai pensar que poderían chegar bastante arriba", destacou. No acto de presentación tamén estivo o presidente do C.N. Rías Baixas Jose Gulias.
|
|
C.N. GALAICO CAMPION DA LIGA ALEVIN |
|
|
|
Un novo Trofeo pasará a engrosar as repletas vitrinas do Galaico-Sercoysa, o de campión da Liga galega de categoría alevín, ao sumar, logo das seis xornadas disputadas, un total de 1.859 puntos, superando en máis de 300 ao seu inmediato seguidor, o C.N.Natación Coruña, sendo primeiro tanto na clasificación masculina como na feminina e a conxunta. En categoría masculina, dous nadadores viñeron colocándose nos primeiros postos das probas disputadas ao longo do Campionato, André González e Yeray Lorenzo, e outros cinco conseguiron tamén brillantes marcas que lles permitirán estar, xunto aos dous citados, no próximo Campionato galego a celebrar en Vigo, Alex Vilariño, Angel Muñiz, Oscar Guimeráns, Miguel Galego e Jacobo Ucha. Pero o triunfo na Liga é de todo o equipo e a el han contribuído outros nadadores, que aínda non conseguiron mínimas, para o evento citado, pero que aínda poden conseguilas na toma de tempos que se celebra o vindeiro sábado, Raúl Estévez, Miguel Gómez, Abrahán González e Igor Vilariño. Por parte feminino, á beira de dúas nadadoras que xa veñen destacando de anos anteriores, Carolina Pérez e Noemí García, sumáronse outras como Ana Andrés e Angela Rodríguez, que son as dúas grandes revelacións da tempada. Todas elas acudirán ao próximo Campionato galego xunto a outras catro nadadoras que tamén conseguiron as mínimas de participación, Isabel Couto, Sara Fernández, Carmen Gómez e Clara Otero. Tamén terán dereito a levantar a copa de campioas outras nadadoras habituais na Liga e que aínda poden conseguir mínimas para o Campionato galego, como son Laura Díaz, Clara Domínguez, Yara Soidade Ferreiro, Rosalía García, Iria Herbello, Irene Igrexas, Megan Lutch, Carla Outón, Sara Rivas, Paula Rozas e María Torres. Existen, xa que logo, fundadas esperanzas de conseguir o triunfo no Campionato galego alevín que organiza o Galaico-Sercoysa e que se celebrará os días 6 e 7 de xuño na piscina do Carme (As Travesas / Vigo). |
|
O C.N. Rías Baixas lidera a Liga Galega Promesas |
|
|
|
A Federación galega de natación vén de publicar a clasificación da Liga galega de promesas, na que o noso Club participa baixo as siglas de Club Natación Rías Baixas, que encabeza a clasificación con un total de 198,5 puntos, por diante do Náutico de Vigo con 163 i o Club Natación Boiro con 140, segundo e terceiro clasificados, respectivamente. Nesta clasificación, o noso equipo femenino móstrase especialmente poderoso, coas súas nadadoras clasificadas nos primeiros postos das distintas probas. E así, na proba de 25 metros libres as nadadoras que aportaron mais puntos foron, por este orden, Sofía Lorenzo, Carlota Rivas, Aida Pazos, Laura Acevedo, Noelia Rosales e Raquel Couso, mentras que na proba de 25 metros costas aparece como mais destacada Paula Vidal, seguida de Sofía Ferreiro, Arsú López, Carlota,Noelia, Laura e Raquel.. Tamén en categoría masculina está a fracer un bon papel nadadores especialmente destacados en 25 libres, como Santiago Brea, Manuel García, David Eiriz, Pablo Gómez, Alexandre Aboal e Juan Luis Pérez, mentras que en 50 costas destacan os postos de Sergio Rodríguez, Manuel García, Alberto Rodríguez, os xa nomeados David, Santiago e Juan Luis e tamén Gonzalo Domínguez, Marcos Fernández e Pablo García. Enchenos de ledicia esta boa nova, por tratarse de nadadores de 7-8 anos e, polo tanto, augurio de un bon futuro. Sólo nos resta felicitar ós seus adestradores e animalos a que sigan a traballar neste bonito pero sacrificado deporte da natación
|
|
PRIVILEXIOS DOS SIAREIROS |
|
|
|
|
. ........................................
Presentando o teu carné Siareiros no seguintes establecementos obterás descontos nas túas compras: -Ofivigo -Comercial Alejandro -Movisa -Info Jc -Distribuciones Raeva -Riescontrol -Autoescuela Garfield -Centro Óptico Amaro Quireza -CIP -Cobain Vigo -Mongraf -Deportes Balbi -Concorde Language School -Trofeos Seipol -Deportes El Siete -Librería Vigo -Ofimática Gal-Sur -Viajes Eroski Maís Información en Fundación Vide Acceder... |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |
|