|
Campionato Galego Sub. 11 e Sub. 15 |
|
|
|
Ouro, Prata e Bronce do Club Squash Galaico no Galego. As instalacións do Club Squash Santiago de Milladoiro acolleron durante a xornada do sábado día 7 o Campionato Galego Sub. 11, Sub. 15 en categorías masculina e feminina e Sub. 19 masculina. En categoría sub. 11 feminino o protagonismo foi para a deportista de Pontevedra Sabela Rebollo (Squash Galaico) que a pesar da súa curta andaina neste deporte impúxose a María Pereira(Vigo Squash) por 3 set a 0, a terceira praza sería para Henar Andrés tras vencer a Sandra Sánchez (Artai). Outro deportista que destacaría sería Pablo Quintana (Squash Galaico) conseguindo o bronce para o equipo pontevedrés tras vencer pola súa loita polo terceiro e cuarto posto a Javier Bonome por 2 set a 0, o ouro da sub. 11 foi para Iván López (Vigo Squash) que venceu a Miguel Rodríguez (Club Artai Monforte) por 3 set a 0. Pola súa banda Ana Arousa e Iría Rodríguez ambas do Squash Galaico, disputarían a final sub. 15 feminina impóndose a primeira por 3 set a 0, o bronce sería para a deportista de Santiago Catuxa Codesido. Víctor Reguera (Squash Galaico) conseguiría a prata tras realizar un bo campionato e sucumbir ante Pascal Gómez (Squash Santiago) nun partido que tivo que resolverse a 5 sets, a terceira praza sería para Francisco Ledo (Vigo Squash) Na categoría sub. 19, Sergio Fernández (Squash Galaico) conseguiría outra prata para o equipo pontevedrés tras perder a final co actual campión de España o vigués Hugo Varela que vencería por 3 set a 0 o bronce levaríallo Daniel Esperón (Squash Galaico) tras imporse na pugna a Adán López (Vigo Squash) por 2 set a 0. Doutra banda foron seleccionados pola RFES para disputar o Campionato de Europa Sub. 15 e Sub.17 que se disputará o próximo mes de maio en Xirona, os deportistas Ana Arousa, Sara Esperón e Víctor Reguera do Squash Galaico. |
|
|
REMATA O CTO. CTO DE ESPAÑA SUB 13 E SUB 17 DE SQUASH |
|
|
|
|
Durante este fin de semana un total de 93 xogadores disputaron na nosa cidade o Campionato de España de Squash en categorías Sub. 13 e Sub. 17 masculina e feminina, a organización do evento correu a cargo do Club Squash Galaico. O campionato que comezou a disputarse o venres 27 nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur cos cadros de previas contou co patrocinio do IMD de Pontevedra, o sábado disputáronse os cuartos e a semifinais, para concluír o domingo a loita polo terceiro e cuarto posto e as finais de ambas as categorías.En categoría Sub 13 Feminina a campioa foi a pontevedresa Iria Rodríguez (Squash Galaico) que venceu nas instalacións do seu club por 3 set a 0 á murciana Cristina Gómez. A terceira posición foi para Laura Valencia (Squash Club Santiago) , que gañou 3-2 á canaria Ksenia Pauliouchenkova. En categoría Sub 13 Masculina proclamábase campión o catalán Edmon López ,que venceu ao seu compatriota, Iker Pajares por 3 set a 2. O bronce foi para o pontevedrés Igor Vilariño (Squash Galaico) que venceu 3 set a 1 a Daniel Zunzunegui do Club Palencia Squash. Na Categoría Sub 17 feminina, volveuse a vivir unha final pontevedresa entre Ana Arousa e Sara Esperón (Campioa e Subcampioa, respectivamente) xogaron a final diante do seu público e con moitos nervios de ambas, a final sería para Ana Arousa que vencería a Sara por 3 set a 1. A 3ª posición foi para Mariña de Juan (Valencia), que gañou á catalá Anna Bernabeu 3 set a 1.O sub. 17 masculino destacamos ao Campión, tamén galego, Hugo Varela (Vigo Squash) que trás un campionato cómodo, no que realizo un gran xogo, impúxose na final por 3 set a 0 a Sebastián Munar (Baleares). O 3º posto foi para o palentino Aitor Zunzunegui ,que venceu 3 set a 0 ao catalán Eric Zabalbeascoa , o pontevedrés Sergio Fernández tivo que conformarse coa sexta praza tras caer en cuartos co Balear.
.........................Aquí atoparás imaxes do Campionato...Ver imaxes...... ..........................................Resultados...Ver..... |
|
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 13 E SUB 17 |
|
|
|
|
Os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo celébrase en Pontevedra (Complexo Deportivo Rías do Sur) o Cto. de España Sub 13 e Sub 17 de Squash.
.................................. ..............................................Preme na imaxe para ampliar
..................Aquí atoparás información dos cadros Sub 13 e Sub 17...Acceder... |
|
TRIPLETE DO SQUASH GALAICO NO CAMPIONATO GALEGO SUB.13/17 |
|
|
|
.................................. ...............................................
.................................. .............................................Preme nas imaxes para ampliar Foron moitos os afeccionados que se achegaron a Rías do Sur para gozar do xogo dos 68 deportistas que formaron os distintos cadros entre os que seis eran Portugueses.O evento tivo lugar o pasado sábado día 14 no Complexo Deportivo Rías do Sur e a organización correu a cargo do Club Squash Galaico.
O dominio dos deportistas que adestra Miguel Novegil é cada día maior, Ana Arousa proclamaríase de novo vencedora deste torneo tras enfrontarse á súa compañeira de equipo Sara Esperón, nun partido a cinco sets moi igualado, o terceiro e Cuarto posto da categoría disputaríano lucia Igrexas do Artai de Monforte e Catuxa Codesido do Squash Santiago adxudicándollo a segunda.
Iría Rodríguez do Galaico pola súa banda dominaría a categoría sub.13 tras vencer na final por un contundente 3 a 0 a Laura Valencia de Santiago, o terceiro posto sería para Inés Goméz. Destacar tamén ás pontevedresas Sabela Rebollo que alcanzaría a 8ª praza, Ainoa Afonso na 9ª e Aitana Acuña de 11ª sendo esta a súa primeira convocatoria e todas elas menores de 11 anos.
Sergio Fernández do Galaico tería que conformarse coa 2ª praza tras realizar un Campionato impresionante a pesar dun proceso virico, a vitoria sería para Hugo Varela do Vigo Squash, Anxo Fariña e Javier Rodríguez situaríanse no posto 8º e 9º respectivamente.
Na categoría Sub.13 Igor Vilariño proclamaríase campión sendo éste xunto con Iría Rodríguez unha das promesas máis destacadas deste deporte a nivel nacional, a segunda praza sería para Brais Alvarez de Ourense, o resto de compoñentes do equipo pontevedrés conformaríanse coa 5º praza de Sandor Diéguez, 7ª de Ramiro Guisasola e 9ª de Roi Villar. |
|
ANA AROUSA E SARA ESPERÓN AO CAMPIONATO EUROPA SUB.19 |
|
|
|
............................... ..........................................Preme na imaxe para ampliar As deportistas do Club Squash Galaico, Ana Arousa e Sara Esperón foron seleccionadas pola Federación Española de Squash, para xogar o Campionato de Europa en categoría Sub.19 que se disputará na cidade de Germering (Alemaña) do 4 ao 12 de Abril. Logo da progresión que tiveron nas últimas competicións xogadas tan só quédanos desexarlles sorte a ambas. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |