|
OPEN GALEGO MÁSTER DE VERÁN |
|
|
|
.............
O C.N. Natación Galaico-Sercoysa Máster, conseguiu un total de 43 medallas , varias de elas de ouro, no Campionato Galego Open de Verán celebrado o pasado domingo 20 en Ponteareas, coa participación dos mellores clubs Galegos e contando tamén coa asistencia dos nosos veciños portugueses. O equipo masculino integrado por Roberto Bermúdez de Castro , Francisco Becerra, Luis González Antón, Antonio López, Juan José Agulla e Manuel Rodríguez, acadou un merecidísimo sexto posto, mentras que o equipo feminino con tan so oito nadadoras : Ángela González Prieto, Guadalupe Pérez, Julia Bartolomé, Delfina González, Nuria Mutilba, Luisa García , Gema Sánchez e Alda Diz acadou un importantísimo terceiro posto ,a pesar das inxustas descalificacións das remudas das máis veteranas. O equipo Master ten aberta a súa porta a todos e todas as nadadoras que desexen participar na próxima Liga Galega Máster e nos campionatos galegos e de España que se celebrarán a partires do mes de setembro.
|
|
|
A SECCIÓN MÁSTER DO GALAICO NA ELITE DA NATACIÓN GALEGA |
|
|
|
No Open de Natación Máster de Verán, celebrado este domingo 14 de xuño nas piscinas de Campolongo coa participación de 18 clubs galegos, o C.N. Galaico Sercoysa , nunha épica xornada, conseguiu 35 metais ( 5 deles de ouro), a pesar da avanzada idade dalgúns dos participantes.O equipo feminino, con só seis nadadoras ( Angela Rodríguez, Guadalupe Pérez, Marta González, Luisa García, Julia Bartolomeu e Alda Diz), conseguiu un meritorio cuarto posto, mentres que o equipo masculino, cun nadador máis (Manuel Martín, Luís González, Antonio López, Miguel López, Roberto Bermúdez, Domingo González e Francisco Becerra), seguíanas de cerca cun importantísimo quinto posto, alzándose na clasificación conxunta definitiva co cuarto posto, por diante de equipos tan coñecidos como o Club Natación Vigo , o Fluvial de Lugo ou o Coruña-Banco Galego.
|
|
CALENDARIO MÁSTER 2009 - 2010 |
|
|
|
|
........... ...Calendario Máster da Tempada 2009 - 2010 Acceder....  |
....... ....Resultados e Clasificacións Ver...
|
|
|
|
|
|