CN Galaico Sercoysa

Patrocinador Oficial

Cartel

Natación

Cartel

Entidades Colaboradoras

Institucións Oficiais

Establecementos recomendados

Axencia de Viaxes

Cartel

Páxina Subvencionada pola

Cartel

Enquisa

Que che parece a nova web?
 
CTO. GALEGO INFANTIL DE INVERNO PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Marzo 2010 17:28

Terceiro posto do C.N.Galaico-Sercoysa no Campionato Galego Infantil de Inverno que se celebrou en Lugo,  conseguindo un total de 15 medallas, tres de ouro, seis de prata e seis de bronce. No equipo femenino detacou Ana Andrés, conseguindo unha medalla de ouro e unha de prata, ademais  de mínima para o Campionato de España infantil. Pero hai que salientar que as integrantes do equipo amosaron un gran progreso, rebaixando todas as súas mellores marcas: Noemí García foi bronce en 200 estilos, mentras que rozaron o podium o resto de integrantes dun equipo de nenas nacidas no ano 1997, que estamos seguros serán o equipo femenino absoluto do fututo, con Clara Otero, Sara Fernández, Carmen Gómez e Carolina Pérez.No equipo masculino, destacou Matías Acevedo, con dúas pratas e un ouro, acadando tamén o primeiro posto en 100 libres Miguel Angel Garrido, que amosa unha boa evolución con respecto ó comenzo de tempada, mentras que acadaron medallas de prata un gran Angel Muñiz, con mínima nacional incluída en 1.500 libres, este nadador dá mostras dunha gran progresión froito do esforzo e David Couto, ás que hai que sumar os bronces de Yeray Lorenzo e André González., así como os acadados polo equipo de relevos en 4x100 e 4x200 libres. Víctos Santos, Alejandro Vilariño e Víctor García melloraron  as súas marcas persoais.

Felicidades tamén ao corpo técnico do club.


 
A RFEN CONVOCA A XENIA VILARIÑO PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 06 Marzo 2010 16:48

A RFEN convoca a Xenia Vilariño do CN Galaico Sercoysa, para participar nunha concentración de preparación do equipo nacional de Augas Abertas que terá lugar en Madrid do 10 ao 14 de marzo.
Sen dúbida unha boa e merecida noticia para a gran fondista do C.N.Galaico Sercoysa, lembremos que Xenia ocupou a cuarta praza absoluta no Cto. de España de Longa Distancia que se celebrou o pasado 27 de febreiro en Madrid, Xenia estivo a altura da olímpica Erika Villaécija e as mundialistas de longa distancia Yurema Requena e Margarita Domínguez.

Felicidades Xenia...
 

 
CHANO, MELLOR DEPORTISTA DO ANO 2009 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Marzo 2010 00:00

O nadador paralímpico Sebastián Rodríguez "Chano" do C.N.Galaico Sercoysa, foi distinguido o día 4 de marzo, como o mellor deportista de 2009 no transcurso da 11 Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca que organizan de forma conxunta o Concello de Vigo, Caixanova e Faro de Vigo.O xurado, valorou no caso de Chano os seus grandes resultados ao longo do pasado ano, no que destacou por encima de todo os seus cinco ouros e unha prata conquistados no Campionato de Europa celebrado en Reykjavik e outras dúas pratas no Mundial de piscina curta en Brasil.
Na quenda de intervencións, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a relevancia que a cidade ten no panorama deportivo mundial e a importancia que para Vigo teñen os seus deportistas polos valores que transmiten.
Un grupo de nadadores/as do noso club acompañaron a Chano no acto,o fenómeno destacou que con esforzo, constancia e ilusión todo pódese conseguir, felicidades campión.


 
PROMESAS DO LÉREZ 2010 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Marzo 2010 00:00


Reglamento
Base de Datos
Cartel


 
O C.N.GALAICO-SERCOYSA SUBCAMPEON DE ESPAÑA DE LONGA DISTANCIA PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 28 Febreiro 2010 17:39

No Campionato de España de natación de longa distancia en piscina de 50 metros, disputado en Madrid, a nadadora do C.N.Galaico-Sercoysa Beatriz Gómez proclamouse campiona de España junior, ao nadar os 5.000 metros nunha hora, 24 segundos e 74 centésimas . Lembremos que xa había logrado unha medalla de bronce en 200 estilos a pasada tempada, e demostrando ser xa unha figura nacional, non só nas probas de100 libres e 200 estilos, senón tamén nas probas de fondo, perfilándose como gran favorita para as probas que vai disputar no Campionato de España de xóvenes, que organizaremos no Complexo Deportivo Rías do Sur do 19 ao 21 de marzo. Bea liderou en Madrid unha gran actuación dos representantes do Galaico-Sercoysa, posto que a súa compañeira Xenia Vilariño ocupou a cuarta praza absoluta, só superada pola olímpica Erika Villaécija e as mundialistas de longa distancia Yurema Requena e Margarita Domínguez, co cal Xenia asegúrase con gran probabilidade a súa continuidade como internacional nas xornadas de Copa de Europa de longa distancia.

Completaron a gran xornada Cristian Fernández, séptimo júnior de España na súa primeira aparición en probas de longa distancia, e Carla Romero, que, sendo décima no Campionato, tivo o mérito de realizar a mellor marca do C.N.Galaico-Sercoysa de 15 anos no pase polos 1.500 metros. O C.N.Galaico-Sercoysa  proclamouse Subcampión de España femenino da especialidade, a só 3 puntos do gañador, o natación Mediterráneo de Málaga e por diante de grandes clubs como o natación Sabadell.



 
LIGA GALEGA BENXAMIN XOR III PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Febreiro 2010 09:41

Boa actuación do equipo benxamín do C.N.Galaico-Sercoysa na xornada III de Liga galega que se celebrou en Monforte o pasado 20 de febreiro, nesta xornada e nadarose probas de 50 e 200 metros braza.
O primeiro que debemos destacar é o bo nivel de asistencia, nestas idades non importan tanto as marcas acadadas como o aprendizaxe da natación a nivel competitivo, obxectivo que soio se consigue participando: tanto pais como nadadores deben entender que pertecen a un Club “de competición”, os máis pequenos empezan a darse conta.

Nesta xornada oubo actuacións moi destacadas en canto a marcas, como sucedeu en categoría femenina, donde Nuria Erselle volveu a dar mostras do seu potencial, acadando o primeiro posto, tanto na proba de 50 como na de 200 braza, bén secundada polas súas compañeiras do ano 2000 Inés Gómez, Laura Acevedo, Sabel Aboal, Lucía Couso e Ana Souto, mentras que, do ano 2001, as mais destacadasforon Sofía Ferreiro,Paula Vidal e Carlota Rivas, con Alicia Moreira moi preto delas, seguidas de Nuria Cano e Malena Iglesias.

En categoría masculina, polo que respecta a nadadores nacidos no ano 1999, Xabier Amatría volveu a dar mostras das boas cualidades que atesoura na modalidade de braza, sendo primeiro na proba de 50 e segundo na de 200, destacando tamén as marcas de Iñaki Amatría, David Piñeiro, Juan David Hernández, Jorge Gallego e Pablo Teijeira: bon nivel de marcas nesta modalidade, na que non estamos sobrados de especialistas.

Tamén en categoría masculina, de nacidos en 2000 e 2001, deunos unha gran ledicia o primeiro posto acadado por Alejandro Torres, con boas marcas tamén de Pedro Otero, Daniel Piñeiro, Juan Luis Pérez e Rodrigo Sobral.

Felicitación extensiva ós preto de 40 nadadores que se desplazaron a Monforte.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 9
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack